OS MAIOS
O 1 de maio se celebran en Galiza “Os maios”. Aquí imos ver como podemos facer un precioso maio con materiais de reciclaxe. Pero primeiro imos a explicar un pouco en qué consiste esta celebración
¿Que son Os maios?
O Maio , é unha construcción tradicionalmente cónica , ainda que nos últimos anos faise todo tipo de construccións con flores, cáscaras de ovos, laranxas, follas, herbas aromáticas etc. Ule moi ben e é unha representación artística da primaveira coa que nenos e adultos disfrutamos un montón.
Os Maios é unha festa antropolóxica, festa pagana coa que se celebra o fin do inverno e a chegada da primaveira.
Ten unhas orixes pouco claras, algúns historiadores a sitúan no Paleolítico e outros no mundo grego-romano, o único do que temos certeza é da súa antigüedade polo feito de que foron prohibidos nos primeiros anos do cristianismo.
Normalmente faise unha copla, referente a feitos ocurridos ese ano, para recitar ese día
Mirade que maio elaboraron na escola de Vixoi
MATERIAIS NECESARIOS:
Grilandas de reciclaxe, papel verde, estructura de madeira.
ELABORACIÓN:
Forrar a estructura con papel verde e posteriormente decoraremos todo o contorno coas grilandas de flores. Tamén se pode forrar a estructura con fiuncho, herbas e follas. podedes usar os materiais que queirades, flores de palpel, oveiras pintadas, tapóns, cunchas, herbas, etc
Hai diferentes páxinas en internet nas que se explica como facer un maio e outras cousas referidas a eles. A quí tedes varios enlaces:
http://elpaisdelosenanos.blogspot.com.es/
E aquí tedes unhas fichas que podedes facer cos pequenos