domingo, 16 de junio de 2013

SAN XOÁN

 
 


A noite de San Xoán celébrase o 24 de xuño. ë una festa do noso folclore con moitas lendas, supersticións e costumes.
Esa noite acéndense lumeiradas en todas as vilas e os mozos e mozas bailan e brincan arredor delas.
É costume comer arredor das fogueiras , sardiñas asadas acompañadas de pan de millo.
Esa noite, nas casas,  deixanse ao orballo as herbas de San Xoan metidas en auga e á mañá seguinte toda a familia lávase con esa auga que din que cura as enfermedades da pel.

Se queredes saber máis , en http://www.galiciaespallada.com.ar/festa_de_san_xoan.htm#noite de San Xoán  atoparedes moita información.


Sobre as herbas de San Xoán podedes atopar información neste enlace

 
e recordade que o curso anterior tamén no blogue de tics traballamos este tema
 
 

Tamén atopei un libro da editorial  Everest para os pequenos lectores...


 
Tamén podedes facer alguna actividade no EDI como este lim creado por Amparo Otero






http://www.educalim.com/biblioteca/index.php?q=san+xoan

Se queredes podedes aprender alguna leria...





E para rematar un poemiña

 

martes, 14 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Autor, director e actor de teatro nacido o 31 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela.



Aquí atoparedes un resumo de recursos para traballar cos pequenos sobre este autor.
Para empezar, o Seminario Galán, fai como cada ano un montón de materiais moi ben elaborados: unidades didácticas para imprimir por ciclos, biografía, actividades en liña, etc.

 http://seminariogalan.org/inicio/portada

O CEIP de Mallón tamén ten un interesante LIM para Ed. Infantil; o atoparedes neste enlace

http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas-infantil-2013.html

No CEIP de Pedrouzos elaboraron o seguinte video no que falan da vida do autor :

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=1450

E no seguinte enlace tedes unha recopilación de recursos feitos en colexios de toda Galicia

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/514


Aquí tedes algunhas das súas obras





sábado, 27 de abril de 2013

Os maios


OS MAIOS

O 1 de maio se celebran en  Galiza “Os maios”. Aquí imos  ver como podemos facer un precioso maio con materiais de reciclaxe. Pero primeiro imos a explicar un pouco en qué consiste esta celebración

¿Que son Os maios?
O Maio , é unha construcción tradicionalmente cónica , ainda que nos últimos anos faise todo tipo de construccións con flores, cáscaras de ovos, laranxas, follas, herbas aromáticas etc. Ule moi ben e é unha representación artística da primaveira coa que nenos e adultos disfrutamos un montón.
Os Maios é unha festa antropolóxica, festa pagana coa que se celebra o fin do inverno e a chegada da primaveira.
Ten unhas orixes pouco claras, algúns historiadores a sitúan no Paleolítico e outros no mundo grego-romano, o único do que temos certeza é da súa antigüedade polo feito de que foron prohibidos nos primeiros anos do cristianismo.
Normalmente faise unha copla, referente a feitos ocurridos ese ano, para recitar ese día


Mirade que maio elaboraron na escola de Vixoi




MATERIAIS NECESARIOS:
Grilandas de reciclaxe, papel verde, estructura de madeira.
ELABORACIÓN:
Forrar a estructura con papel verde e posteriormente decoraremos todo o contorno coas grilandas de flores. Tamén se pode forrar a estructura con fiuncho, herbas e follas. podedes usar os materiais que queirades, flores de palpel, oveiras pintadas, tapóns, cunchas, herbas, etc
Hai diferentes páxinas en internet nas que se explica como facer un maio e outras cousas referidas a eles. A quí tedes varios enlaces:

http://elpaisdelosenanos.blogspot.com.es/
http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/05/os-maios_5657.html

Na literatura galega tamén atopamos referencias aos maios, aquí tedes unha poesía de Curros Enríquez



E aquí tedes unhas fichas que podedes facer cos pequenos


viernes, 1 de febrero de 2013

ENTROIDO



Comeza o Entroido, a festa máis divertida do ano.
Ide pensando o voso disfraz.
Mentras tanto podedes saber un pouquiño máis sobre esta festa mirando esta presentación de issu.





Neste enlace hai material prar traballar en castelán

http://laeduteca.blogspot.com.es/2012/02/recursos-recursos-y-fichas-para-el.html



Neste enlaces atoparedes fichas para colorear
http://www.dibujalia.com/colorear-carnaval-1.htm

Nesta páxina hai unidades didácticas, xogos, etc…en galego
http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/