lunes, 17 de diciembre de 2012

Actividades de Nadal





Esta época do ano ofrece un montón de posibilidades para facer actividades divertidas.
Podedes realizar estas actividades LIM que atopei na páxina http://actividadeslim.blogspot.com.es/






 Aquí tedes unhas actividades LIM  elaboradas por Ana Martínez Rey




Tamén podedes facer puzzles, picade nas imaxes para facelos.





E por último mostrarvos un traballo estupendo, o EDLG do CEIP Párroco Don Camilo achéganos actividades de animación lectora para educación infantil. Son diferentes tarefas para traballar coa PDI centradas no conto Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (Editorial Kalandraka). O podedes descargar nun ficheiro zip dende este enlace http://www.xunta.es/linguagalega/material_para_traballar_na_pdi
 Aquí tedes algunhas imaxes dese traballo.





Felices Festas!

lunes, 26 de noviembre de 2012

O Apalpador

Achégase o Nadal e quero amosarvos unha figura galega destas datas que se quere recuperar, é o Apalpador, Pandigueiro ou Apalpabarrigas.

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.



Aquí tedes un sinxelo puzzle feito cun debuxo de Leandro Lamas.


Apalpador































Na páxina www.cadernodepequechos.blogspot.com atopei este video sobre o conto do apalpador





Tamén podedes aprender unha canción sobre o Apalpador, aquí tedes o vídeo





No mercado pódense atopar varios libros sobre este tema









Podedes ver o seguinte libro de forma online, preme no enlace


http://oapalpador.net/

Para saber máis:

http://www.apalpador.com/





viernes, 26 de octubre de 2012

MAGOSTO, TEMPO DE CASTAÑAS

É tempo de castañas, a festa típica do mes de novembro é o Magosto.
Aquí tedes a súa historia






E aquí tedes uns refráns do magosto para exercitar a memoria

Para velo en grande picade no cadro do +  e se vos queredes mover pola pantalla picades dentro , e sen soltar o botón movedes o rato.


viernes, 19 de octubre de 2012

Outono

En cada época do ano, ou celebración, hai que intentar sacar o máximo partido ao que aporten os alumnos e alumnas. No outono temos moitas posibilidades de facer actividades variadas con todo o que recollemos ou o que traen as familias.

Aspectos matemáticos:
- Facer seriacións con froitos de outono.
- Clasificar cabazas, castañas, etc por tamaños, cantidades...
- Facer sumas ou restas con froitos diversos.
- Traballar os números facendoos en grande con diferentes froitos,con follas...
- Facer gráficas contando días de choiva, vento, sol, obserbando diariamente e rexistrandoo.

 Aspectos da linguaxe oral e escrita:
- Decir nomes dos frotos de outono, escribilos, leelos.
- Adiviñas, refraneiro e cancións referidas a esta época do ano.
- Leer contos nos que se trate este tema.
- Facer letras en grande con follas de árbore, froitos, etc.
- Traballar vocabulario específico do Magosto, Samaín...
- Observar e describir os cambios que se producen no contorno,
- Vocabulario referido á roupa...

Aspectos de motricidade e plástica.
- Comparar texturas das follas, das castañas, landras, ourizos, etc.
- Pintar diferentes froitos.
- Decorar cabazas con distintos materias ( pintura de dedos, recortar papeliños...)
- Pelar froitos (con axuda)
- Facer murais.
- Mezclar cores básicos para conseguir laranxa e marrón para estes froitos típicos.

 E moitas posibilidades máis, hai que votarlle imaxinación.

domingo, 14 de octubre de 2012

Traballamos o esquema corporal



O esquema corporal defínese como o coñecemento e a representación simbólica global do propio corpo.
O esquema corporal elabórase a partires do :
  • Coñecemento do propio corpo.
  • Desenrrolo das capacidades perceptivo-motoras.
  • Desenrrolo da lateralidade.
É importante traballar este aspecto en Educación Infantil para poder evitar problemas na motricidade, na lectura e na escritura, etc.
As actividades deben ser lúdicas e motivadoras, podemos facelo en fichas, ou vivenciadas con xogos, manipulación,etc.

Un exemplo de actividades axeitadas para traballar o esquema corporal son:
  • Mirarse no espello e debuxarse
  • Debuxar a un compañeiro
  • Facer puzzles coa figura humana.
  • Debuxar partes do corpo que faltan
  • Cancións sobre as partes do corpo
  • Moldear unha figura humana con plastilina
  • Unir pezas para formar unha figura
  • Debuxar siluetas das mans.
  • Exercicios de relaxación (tensión-relaxación)
  • Exercicios de lateralidade para os maiores , etc

Na seguinte presentación podedes ver algún xogo

domingo, 16 de septiembre de 2012

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación lévase a cabo durante os primeiros días de colexio para que os nenos e nenas se habitúen ás normas, aos hábitos e rutinas, aos mestres, aos compañeiros, ás instalaciós, etc…
Para que esta adaptación sexa satisfactoria é moi impotante que os pais amosen unha actitude positiva , que non exterioricen a súa ansiedade e que todo ese proceso sexa o máis natural posible.
Que o neno ou nena chore os primeiros días é algo normal, síntense inseguros con persoas descoñecidas e sen a protección dos pais. A medida que vai coñecendo todo ese novo contorno e vai adquirindo hábitos e rutinas amosarase máis relaxado/a e disfrutará máis.
A adquisición de rutinas fará que se sintan máis seguros e tranquilos e que adquiran un equilibrio emocional. Neste tempo de transición é moi importante a constancia nos hábitos e que na casa tamén axuden a adquirilos para que o seu fillo ou filla sexa máis autónomo/a.
As rutinas máis importantes que debemos traballar en Educación Infantil son:

1. A hixiene. Temos que procurar que chegue ao colexio controlando esfínteres, ensinarlle a lavar as mans,ir ao baño só, limpiarse despois de comer,etc..
2. O descanso. Os nenos desta idade necesitan descansar e durmir o suficiente para poder estar activos moitas horas. Hai que impoñerlle uns horarios tanto para acostarse como para levantarse.
 3. A alimentación. Teñen que saber comer eles soliños, e todo tipo de alimentos.
4. Vestirse .Hai que ensinarlles a poñer e quitar a roupa, abotoarse,calzarse... Deben traer unha roupa e calzado cómodos ao colexio ,para facilitarlle as cousas.
5. A orde. Deben aprender a recoller e gardar os xoguetes, o material, a roupa, etc. despois de xogar, de desvestirse, de comer, ...
 6. A convivencia. É imprescindible que se relacionen con outros nenos e nenas, xa que é unha maneira de aprender e de crecer como persoa.

Xa sabedes, a empezar con bo pé!

martes, 15 de mayo de 2012

Vermes de millo

Como nos gustan as manualidades....Descubrin recientemente, un material moi divertido para facer figuriñas. Son vermes de millo de varias cores.os mollas cunha toalliña húmida e os vas pegando construindo o que queiras. Tamén se poden cortar e así tes máis posibilidades, só hai que deixar traballar a imaxinación. Aquí vos deixo unhas fotos de algunhas figuriñas feitas pola miña colaboradora Carmen Yáñez.
Probade, é moi divertido.

sábado, 24 de marzo de 2012

Atentos!

Todos os días nas aulas atopámonos con alumnos e alumnas con problemas de atención . É fundamental traballar isto na etapa de Infantil xa que inflúe moito en aprendizaxes posteriores e no futuro rendemento escolar.
Aquí presento unha pequena relación de actividades para traballar este aspecto de onde podedes sacar algunhas ideas.
  Actividades para mellorar a capacidade de atención:

martes, 13 de marzo de 2012

"Para ser profesor hoxe"

Ingredientes:
  • 200 gr. de vocación.
  • 200 gr.de motivación.
  • ½ kg. de formación
  • 100 gr. de potencial comunicativo.
  • 200 gr. de adaptación.
  • 100 gr. de planificación e organización.
  • Un chisco de paciencia.
Elaboración:
Hoxe en día é un pouco difícil conseguir a elaboración perfecta desta receita.
Pódese facer con moitos ingredientes e de moitas formas diferentes. A miña receita só é un exemplo máis.
A persoa que desexe ser bo profesor/a debe ter moita vocación, xa que ultimamente atopamonos moitas pedras no camiño que fan bastante difícil a nosa tarefa.
Debe ter motivación para ensinar e despertar nos alumnos e alumnas motivación para aprender. Según Gilbert (2005) “os factores afectivos, entre os que se encontra a motivación, non poden estar separados dos factores cognitivos”.
É moi importante unha boa formación previa e , como non, unha formación continua, sempre na liña da innovación.
Un bo profesor debe ter poder de comunicación. Según Gallego y Gallardo (1995), “a comunicación pode utilizar calquera dos nosos sentidos, e por suposto o medio máis importante de comunicación é o vebal”.
Penso que ademáis o profesor deberíase adaptar aos alumnos que ten, ás particularidades de cada un e ás súas necesidades, facendo uso tamén da empatía.
Hai que ter capacidade para planificar e organizar tendo en conta todos os factores que inflúen na aprendizaxe.
E para rematar o prato, hai que botarlle sempre un chisco de paciencia, para que todo discurra mellor.

jueves, 8 de marzo de 2012

Presentación

Ola a todos. Son Eva , mestra de apoio de Educación Infantil no CRA de Bergondo.
Neste blog quero expoñer os recursos, materiais  e metodoloxías que os/as mestres/as de apoio utilizamos con diferentes alumnos e alumnas que presentan dificultades.
Outras veces estos recursos tamén se poden traballar con todos os nenos e nenas da aula, para reforzar contidos xa tratados.
Pouco a pouco mostrarei diferentes ideas que nos poidan axudar a todos.