sábado, 27 de abril de 2013

Os maios


OS MAIOS

O 1 de maio se celebran en  Galiza “Os maios”. Aquí imos  ver como podemos facer un precioso maio con materiais de reciclaxe. Pero primeiro imos a explicar un pouco en qué consiste esta celebración

¿Que son Os maios?
O Maio , é unha construcción tradicionalmente cónica , ainda que nos últimos anos faise todo tipo de construccións con flores, cáscaras de ovos, laranxas, follas, herbas aromáticas etc. Ule moi ben e é unha representación artística da primaveira coa que nenos e adultos disfrutamos un montón.
Os Maios é unha festa antropolóxica, festa pagana coa que se celebra o fin do inverno e a chegada da primaveira.
Ten unhas orixes pouco claras, algúns historiadores a sitúan no Paleolítico e outros no mundo grego-romano, o único do que temos certeza é da súa antigüedade polo feito de que foron prohibidos nos primeiros anos do cristianismo.
Normalmente faise unha copla, referente a feitos ocurridos ese ano, para recitar ese día


Mirade que maio elaboraron na escola de Vixoi




MATERIAIS NECESARIOS:
Grilandas de reciclaxe, papel verde, estructura de madeira.
ELABORACIÓN:
Forrar a estructura con papel verde e posteriormente decoraremos todo o contorno coas grilandas de flores. Tamén se pode forrar a estructura con fiuncho, herbas e follas. podedes usar os materiais que queirades, flores de palpel, oveiras pintadas, tapóns, cunchas, herbas, etc
Hai diferentes páxinas en internet nas que se explica como facer un maio e outras cousas referidas a eles. A quí tedes varios enlaces:

http://elpaisdelosenanos.blogspot.com.es/
http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/05/os-maios_5657.html

Na literatura galega tamén atopamos referencias aos maios, aquí tedes unha poesía de Curros Enríquez



E aquí tedes unhas fichas que podedes facer cos pequenos


4 comentarios:

  1. Moi interesante Eva, é unha festa ben fermosa para celebrar a chegada da primavera. Graciñas polos enlaces e mailos recursos. ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por despertarnos o gusaniño desta celebración Eva, xa estou vendo bos exemplos por algunhas escolas. Bicos!!!

    ResponderEliminar
  3. Profe Eva, grazas por todo a información que nos das! Este curso...non foi posible pero para o que ven seguro que si! Bicos!

    ResponderEliminar