O período de adaptación lévase a cabo durante os primeiros días de colexio para que os nenos e nenas se habitúen ás normas, aos hábitos e rutinas, aos mestres, aos compañeiros, ás instalaciós, etc…
Para que esta adaptación sexa satisfactoria é moi impotante que os pais amosen unha actitude positiva , que non exterioricen a súa ansiedade e que todo ese proceso sexa o máis natural posible.
Que o neno ou nena chore os primeiros días é algo normal, síntense inseguros con persoas descoñecidas e sen a protección dos pais. A medida que vai coñecendo todo ese novo contorno e vai adquirindo hábitos e rutinas amosarase máis relaxado/a e disfrutará máis.
A adquisición de rutinas fará que se sintan máis seguros e tranquilos e que adquiran un equilibrio emocional. Neste tempo de transición é moi importante a constancia nos hábitos e que na casa tamén axuden a adquirilos para que o seu fillo ou filla sexa máis autónomo/a.
As rutinas máis importantes que debemos traballar en Educación Infantil son:
1. A hixiene. Temos que procurar que chegue ao colexio controlando esfínteres, ensinarlle a lavar as mans,ir ao baño só, limpiarse despois de comer,etc..
2. O descanso. Os nenos desta idade necesitan descansar e durmir o suficiente para poder estar activos moitas horas. Hai que impoñerlle uns horarios tanto para acostarse como para levantarse.
3. A alimentación. Teñen que saber comer eles soliños, e todo tipo de alimentos.
4. Vestirse .Hai que ensinarlles a poñer e quitar a roupa, abotoarse,calzarse... Deben traer unha roupa e calzado cómodos ao colexio ,para facilitarlle as cousas.
5. A orde. Deben aprender a recoller e gardar os xoguetes, o material, a roupa, etc. despois de xogar, de desvestirse, de comer, ...
6. A convivencia. É imprescindible que se relacionen con outros nenos e nenas, xa que é unha maneira de aprender e de crecer como persoa.
Xa sabedes, a empezar con bo pé!

domingo, 16 de septiembre de 2012
martes, 15 de mayo de 2012
Vermes de millo
Como nos gustan as manualidades....Descubrin recientemente, un material moi divertido para facer figuriñas. Son vermes de millo de varias cores.os mollas cunha toalliña húmida e os vas pegando construindo o que queiras. Tamén se poden cortar e así tes máis posibilidades, só hai que deixar traballar a imaxinación.
Aquí vos deixo unhas fotos de algunhas figuriñas feitas pola miña colaboradora Carmen Yáñez.
Probade, é moi divertido.
sábado, 21 de abril de 2012
lunes, 16 de abril de 2012
lunes, 9 de abril de 2012
sábado, 24 de marzo de 2012
Atentos!
Todos os días nas aulas atopámonos con alumnos e alumnas con problemas de atención . É fundamental traballar isto na etapa de Infantil xa que inflúe moito en aprendizaxes posteriores e no futuro rendemento escolar.
Aquí presento unha pequena relación de actividades para traballar este aspecto de onde podedes sacar algunhas ideas.
Actividades para mellorar a capacidade de atención:
- Mostrar unha serie de obxetos, esconder un e que diga cal falta.
- Presentarlle láminas con debuxos incompletos e que diga qué parte lles falta.
- Buscar diferencias entre debuxos.
- Preguntarlle sobre un conto que acabamos de ler .
- Xogos de asociación.
- Desplazarse y pararse en función dun estimulo sonoro
- Xogos de memoria.
- Localización de figuras iguais a unha dada.
- Puzzles. dominós e quebracabezas.
- Repetir cancións e poemas sinxelos.
- Colorear mandalas.
- Etc...
lunes, 19 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)