En cada época do ano, ou celebración, hai que intentar sacar o máximo partido ao que aporten os alumnos e alumnas. No outono temos moitas posibilidades de facer actividades variadas con todo o que recollemos ou o que traen as familias.
Aspectos matemáticos:
- Facer seriacións con froitos de outono.
- Clasificar cabazas, castañas, etc por tamaños, cantidades...
- Facer sumas ou restas con froitos diversos.
- Traballar os números facendoos en grande con diferentes froitos,con follas...
- Facer gráficas contando días de choiva, vento, sol, obserbando diariamente e rexistrandoo.
Aspectos da linguaxe oral e escrita:
- Decir nomes dos frotos de outono, escribilos, leelos.
- Adiviñas, refraneiro e cancións referidas a esta época do ano.
- Leer contos nos que se trate este tema.
- Facer letras en grande con follas de árbore, froitos, etc.
- Traballar vocabulario específico do Magosto, Samaín...
- Observar e describir os cambios que se producen no contorno,
- Vocabulario referido á roupa...
Aspectos de motricidade e plástica.
- Comparar texturas das follas, das castañas, landras, ourizos, etc.
- Pintar diferentes froitos.
- Decorar cabazas con distintos materias ( pintura de dedos, recortar papeliños...)
- Pelar froitos (con axuda)
- Facer murais.
- Mezclar cores básicos para conseguir laranxa e marrón para estes froitos típicos.
E moitas posibilidades máis, hai que votarlle imaxinación.

viernes, 19 de octubre de 2012
domingo, 14 de octubre de 2012
Traballamos o esquema corporal
O esquema corporal defínese como o coñecemento e a representación simbólica global do propio corpo.
O esquema corporal elabórase a partires do :
- Coñecemento do propio corpo.
- Desenrrolo das capacidades perceptivo-motoras.
- Desenrrolo da lateralidade.
É importante traballar este aspecto en Educación Infantil para poder evitar problemas na motricidade, na lectura e na escritura, etc.
As actividades deben ser lúdicas e motivadoras, podemos facelo en fichas, ou vivenciadas con xogos, manipulación,etc.
Un exemplo de actividades axeitadas para traballar o esquema corporal son:
- Mirarse no espello e debuxarse
- Debuxar a un compañeiro
- Facer puzzles coa figura humana.
- Debuxar partes do corpo que faltan
- Cancións sobre as partes do corpo
- Moldear unha figura humana con plastilina
- Unir pezas para formar unha figura
- Debuxar siluetas das mans.
- Exercicios de relaxación (tensión-relaxación)
- Exercicios de lateralidade para os maiores , etc
Na seguinte presentación podedes ver algún xogo
domingo, 16 de septiembre de 2012
O PERÍODO DE ADAPTACIÓN
O período de adaptación lévase a cabo durante os primeiros días de colexio para que os nenos e nenas se habitúen ás normas, aos hábitos e rutinas, aos mestres, aos compañeiros, ás instalaciós, etc…
Para que esta adaptación sexa satisfactoria é moi impotante que os pais amosen unha actitude positiva , que non exterioricen a súa ansiedade e que todo ese proceso sexa o máis natural posible.
Que o neno ou nena chore os primeiros días é algo normal, síntense inseguros con persoas descoñecidas e sen a protección dos pais. A medida que vai coñecendo todo ese novo contorno e vai adquirindo hábitos e rutinas amosarase máis relaxado/a e disfrutará máis.
A adquisición de rutinas fará que se sintan máis seguros e tranquilos e que adquiran un equilibrio emocional. Neste tempo de transición é moi importante a constancia nos hábitos e que na casa tamén axuden a adquirilos para que o seu fillo ou filla sexa máis autónomo/a.
As rutinas máis importantes que debemos traballar en Educación Infantil son:
1. A hixiene. Temos que procurar que chegue ao colexio controlando esfínteres, ensinarlle a lavar as mans,ir ao baño só, limpiarse despois de comer,etc..
2. O descanso. Os nenos desta idade necesitan descansar e durmir o suficiente para poder estar activos moitas horas. Hai que impoñerlle uns horarios tanto para acostarse como para levantarse.
3. A alimentación. Teñen que saber comer eles soliños, e todo tipo de alimentos.
4. Vestirse .Hai que ensinarlles a poñer e quitar a roupa, abotoarse,calzarse... Deben traer unha roupa e calzado cómodos ao colexio ,para facilitarlle as cousas.
5. A orde. Deben aprender a recoller e gardar os xoguetes, o material, a roupa, etc. despois de xogar, de desvestirse, de comer, ...
6. A convivencia. É imprescindible que se relacionen con outros nenos e nenas, xa que é unha maneira de aprender e de crecer como persoa.
Xa sabedes, a empezar con bo pé!

martes, 15 de mayo de 2012
Vermes de millo
Como nos gustan as manualidades....Descubrin recientemente, un material moi divertido para facer figuriñas. Son vermes de millo de varias cores.os mollas cunha toalliña húmida e os vas pegando construindo o que queiras. Tamén se poden cortar e así tes máis posibilidades, só hai que deixar traballar a imaxinación.
Aquí vos deixo unhas fotos de algunhas figuriñas feitas pola miña colaboradora Carmen Yáñez.
Probade, é moi divertido.
sábado, 21 de abril de 2012
lunes, 16 de abril de 2012
lunes, 9 de abril de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)