Todos os días nas aulas atopámonos con alumnos e alumnas con problemas de atención . É fundamental traballar isto na etapa de Infantil xa que inflúe moito en aprendizaxes posteriores e no futuro rendemento escolar.
Aquí presento unha pequena relación de actividades para traballar este aspecto de onde podedes sacar algunhas ideas.
Actividades para mellorar a capacidade de atención:
- Mostrar unha serie de obxetos, esconder un e que diga cal falta.
- Presentarlle láminas con debuxos incompletos e que diga qué parte lles falta.
- Buscar diferencias entre debuxos.
- Preguntarlle sobre un conto que acabamos de ler .
- Xogos de asociación.
- Desplazarse y pararse en función dun estimulo sonoro
- Xogos de memoria.
- Localización de figuras iguais a unha dada.
- Puzzles. dominós e quebracabezas.
- Repetir cancións e poemas sinxelos.
- Colorear mandalas.
- Etc...