lunes, 26 de noviembre de 2012

O Apalpador

Achégase o Nadal e quero amosarvos unha figura galega destas datas que se quere recuperar, é o Apalpador, Pandigueiro ou Apalpabarrigas.

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.



Aquí tedes un sinxelo puzzle feito cun debuxo de Leandro Lamas.


Apalpador































Na páxina www.cadernodepequechos.blogspot.com atopei este video sobre o conto do apalpador





Tamén podedes aprender unha canción sobre o Apalpador, aquí tedes o vídeo





No mercado pódense atopar varios libros sobre este tema









Podedes ver o seguinte libro de forma online, preme no enlace


http://oapalpador.net/

Para saber máis:

http://www.apalpador.com/





3 comentarios:

  1. Grazas por compartir todos estes recursos!!! Bicos compañeira!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Saleta, facemos o que podemos...je,je. Bicos

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas Apalpador, uns recursos moi interesantes...Que teñas un bo ano.Unha aperta.

    ResponderEliminar