viernes, 19 de octubre de 2012

Outono

En cada época do ano, ou celebración, hai que intentar sacar o máximo partido ao que aporten os alumnos e alumnas. No outono temos moitas posibilidades de facer actividades variadas con todo o que recollemos ou o que traen as familias.

Aspectos matemáticos:
- Facer seriacións con froitos de outono.
- Clasificar cabazas, castañas, etc por tamaños, cantidades...
- Facer sumas ou restas con froitos diversos.
- Traballar os números facendoos en grande con diferentes froitos,con follas...
- Facer gráficas contando días de choiva, vento, sol, obserbando diariamente e rexistrandoo.

 Aspectos da linguaxe oral e escrita:
- Decir nomes dos frotos de outono, escribilos, leelos.
- Adiviñas, refraneiro e cancións referidas a esta época do ano.
- Leer contos nos que se trate este tema.
- Facer letras en grande con follas de árbore, froitos, etc.
- Traballar vocabulario específico do Magosto, Samaín...
- Observar e describir os cambios que se producen no contorno,
- Vocabulario referido á roupa...

Aspectos de motricidade e plástica.
- Comparar texturas das follas, das castañas, landras, ourizos, etc.
- Pintar diferentes froitos.
- Decorar cabazas con distintos materias ( pintura de dedos, recortar papeliños...)
- Pelar froitos (con axuda)
- Facer murais.
- Mezclar cores básicos para conseguir laranxa e marrón para estes froitos típicos.

 E moitas posibilidades máis, hai que votarlle imaxinación.

2 comentarios:

  1. Xenial, Dolores, imos comezar a semana co un traballo intensivo pola tua parte e eu tamén aportarei o meu graiño de area, cantaremos a canción da castaña viaxeira e a traballar con ela o pulso o ritmo e a entoación, así que moitas castañas imos precisar, ja,ja...

    ResponderEliminar
  2. Ai, ai, que a cabeciña non pensa, Eva!!!!!ja,ja,ja...de todos os xeitos un gran traballo seguro que farás...biquiños

    ResponderEliminar