domingo, 16 de septiembre de 2012

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación lévase a cabo durante os primeiros días de colexio para que os nenos e nenas se habitúen ás normas, aos hábitos e rutinas, aos mestres, aos compañeiros, ás instalaciós, etc…
Para que esta adaptación sexa satisfactoria é moi impotante que os pais amosen unha actitude positiva , que non exterioricen a súa ansiedade e que todo ese proceso sexa o máis natural posible.
Que o neno ou nena chore os primeiros días é algo normal, síntense inseguros con persoas descoñecidas e sen a protección dos pais. A medida que vai coñecendo todo ese novo contorno e vai adquirindo hábitos e rutinas amosarase máis relaxado/a e disfrutará máis.
A adquisición de rutinas fará que se sintan máis seguros e tranquilos e que adquiran un equilibrio emocional. Neste tempo de transición é moi importante a constancia nos hábitos e que na casa tamén axuden a adquirilos para que o seu fillo ou filla sexa máis autónomo/a.
As rutinas máis importantes que debemos traballar en Educación Infantil son:

1. A hixiene. Temos que procurar que chegue ao colexio controlando esfínteres, ensinarlle a lavar as mans,ir ao baño só, limpiarse despois de comer,etc..
2. O descanso. Os nenos desta idade necesitan descansar e durmir o suficiente para poder estar activos moitas horas. Hai que impoñerlle uns horarios tanto para acostarse como para levantarse.
 3. A alimentación. Teñen que saber comer eles soliños, e todo tipo de alimentos.
4. Vestirse .Hai que ensinarlles a poñer e quitar a roupa, abotoarse,calzarse... Deben traer unha roupa e calzado cómodos ao colexio ,para facilitarlle as cousas.
5. A orde. Deben aprender a recoller e gardar os xoguetes, o material, a roupa, etc. despois de xogar, de desvestirse, de comer, ...
 6. A convivencia. É imprescindible que se relacionen con outros nenos e nenas, xa que é unha maneira de aprender e de crecer como persoa.

Xa sabedes, a empezar con bo pé!

No hay comentarios:

Publicar un comentario